jueves, 12 de noviembre de 2015

A Neve Interminable



AUTOR



         Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba o 29 de Maio no ano 1497. É licenciado en Ciencias da Educación. Foi profesor de educación primaria e secundaria e xubilouse en 2007 no IES Os Rosais 2, Vigo. Tras máis de trinta anos de traballo na educación, na actualidade adícase únicamente á escritura. Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave para a literatura infantil e xuvenil galega. Conta con númerosos premios tales como:  Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Irmandade do libro (2003), Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008).





OBRA



  • Xénero: Narrativo, novela.


  • Resumo: Este libro trata dun grupo de cinco guionistas que recibe a tarefa de escribir os guións para unha serie de televisión que se chamará "As fronteiras do Medo". Estes rapaces, posto que non teñen moito tempo e deben facer moitas cousas, deciden aloxarse nun hostal na Fonsagrada, solitario, para así poder concentrase mellor e levar un ritmo de traballo máis fluído. Alí coñecen a outras persoas que máis ou menos directamente teñen unhas profesións relacionadas cas deles e están alí polo mesmo motivo. Ao terceiro día da súa estancia comeza a nevar. Unha nevarada que co paso dos días vai a máis e non parece que vaia parar xamais. Durante esta nevarada interrómpese a comunicación deixando a todos incomunicados, ademáis trae consigo sucesos moi extraños. Según pasan os días iremos lendo os fantásticos relatos destes xoves, comezando polo de Miro: "A Casa Azul", un relato que conta a historia sobre unha casa encantada que, a pesares da súa derriba e nova construcción segue cunha presenza no seu interior; de seguido o relato de Irene: "Herdanza de sangue", un relato de vampiros que intentan converter aos seus fillos, netos... nun da súa especie através dun espello situado nunha habitación de convidados; entre estes relatos e os que se verán días posteriores ocorreu un gran acontecemento que os deixará a todos intrigados. Atopan unhas cuartillas, unhas fotocopias de recortes dun xornal e unha traxeta con datos persoais. Ditas cuartillas contiñan unha información reveladora sobre os donos do hostal, aínda que estes rapaces non dixeron nada por medo o que poidese ocorrer e decidiron esperar a ver o que pasaba. Días despois escoitaremos o relato de Diego: "A Néboa da Vinganza": Un relato sobre maldicións no que a vinganza é a salvación; e por último coñeceremos o de Ruth: "Un incidente no internado": Un marabilloso relato de pantasmas. Dos espíritus de dúas irmás que gozan da súa morte coa compaña das súas víctimas; despois destes relatos pasa algo totalmente desconcertante, unha explicación á intensa e continua nevarada. Unha lectura impactante que deixa sen esperanzas de vida aos protagonistas. "A neve silenciosa e interminable. A neve que cae sobre todos os vivos e sobre os mortos." 


  • Temas: Medo 

  • Estructura externa: Por capítulos (VII) 

  • Personaxes: Alba, Irene, Ruth, Miro, Diego: Guionistas e protagonistas da historia; Tania e Rebeca: escritoras de teatro que se aloxan no hostal. Abraham: Home duns 50 anos, alto, delgado e fibroso. Rostro de trazos rectos con moitas engurras. Vestía sempre de gris e non era moi falador. Era traductor.( Análise de Abraham); Damián e Sabine: Matrimonio propietario do hostal de Fonsagrada. 

  • Lugar onde transcorre a acción: Nun hostal na Fonsagrada. 

  • Tempo: Indefinido. 

  • Técnicas narrativas: Narrador en primeira persoa, Alba. Abundan as descripcións e os comentarios sobre a percepción das cousas dende o punto de vista de Alba. 

  • Vocabulario: Coloquial e léxico fácil. 






OPINIÓN PERSOAL 


A Neve Interminable paréceme un libro realmente icreíble. Nunca antes lera un libro deste xénero, de terror. Todo está perfectamente redactado e as descripcións son as xustas para facer unha idea clara da historia sen que estas se fagan pesadas. É un libro que engancha, no que os catro relatos de medo están moi ben integrados ca historia principal. Encantoume o final, aínda que non o entendín moito, gustoume a forma na que Agustín o redactou, con esa lectura sobre a neve. Os dous relatos que máis me gustaron foron sen dúbida algunha: "Un incidente no internado" e "Herdanza de sangue", se tivera que elexir entre estes dous non sabería con cal quedarme. Recomendo este libro a todos os fanáticos das histrias de terror e aos que non o son. Non está mal ler un pouco de todo e sen dúbida algunha esta non é unha mal forma de empezar cas hitorias de medo. 















 








1 comentario: