martes, 31 de mayo de 2016

Aire Negro

AUTOR


AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ naceu no barrio das Fontiñas en Vilalba en 1947 e alí transcorreu toda a súa infancia. Na actualidade vive en Vigo, onde imparte clases nun instituto. Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación, estivo vencellado a movementos de renovación pedagóxica e impartiu numerosos cursos relacionados coa didáctica da lingua. É autor de recoñecidas obras de literatura infantil e xuvenil pertencentes a todos os xéneros e algunhas delas galardoadas con prestixiosos premios. Confésase un apaixonado da lectura, do cine, dos cómics, da música e entre as súas afeccións cóntanse os paseos polo monte, andar en bicicleta ou escribir cartas.




OBRA

  • Xénero: Narrativo.

  • Temas: O amor, o punto de vista das cousas, a pscoloxía, a diferencia entre a vida rural e a vida urbana...

  • Estructura: Dividido en Capítulos, é un libro discontinuo.

  • Lugar onde transcurre a acción: Galicia-Madrid.

  • Persoaxes: Hai tres peroaxes principais, dous deles son tamén os narradores desta histora. Laura Novo: Ten 30 anos. Ten o pelo vermello. Laura ten unha enfermidad e está ingresada nun hospital psiquiátrico. Dedicase e escribir sen pausa o seu nome nuns papeis. A súa enfermidade causouna un raio, polo que pon nos informes, pero pouco a pouco móstranos a súa sobrecolledora historia ata que un día...fin; Doutor Moldes, Víctor: É o médico encarsgado do caso de Laura, moi orixinal, pon as cousas dende outra perspectiva; Carlos Vancárcel: É quen paga todos os gastos do ingreso de Laura na clínica. Foi o seu profesor no instituto e o seu amor.

  • Resumo: O libro comenza coa narración de VÍCTOR explicando porque Laura está no hospital e como lle encargan  a el que se encargue do caso de esta chica. Laura ten unha enfermidade que Víctor intenta curar cunha terapia nunca probada. Os primeiros días métese na celda de Laura sen decir nada, colle unha silla e ponse a ler, primeiro en baixiño e logo en voz alta, o que fixo que Laura se sentase ao seu carón e se interesase polo qeu o doutor contaba, pouco a pouco créase unha relación de confianza entre o doutor e Laura e este, para poder curala, pídelle que intente recordar a súa vida anterior e que a plasme nun papel. Dende como deciciu vir a Galicia ata porque rematou alí. Laura fai un esforzo e escribe nuns relatos o que recorda dos anos anteriores,Víctor, lonxe de creer todos os detalles da historia que Laura lle escribe, decide ir a Lanzóns e preguntar acerca dos feitos que leera nos relatos da muller. Unha vez comprobada a vericidade dalgúns datos decide investigar sobre Carlos Vancárcel, o que fora o profesor de Laura e o seu amor, e o que pagaba todos os gastos da clínica. Visctor faille unha visita a Carlos e este cóntalle a súa versión, pero acaba por creer que Laura está destinada á persecución dunhas sombras e así, sen saber como, se atopar unha explicación lóxica, un día Laura desaparece, sen máis.


OPINIÓN PERSOAL

Este libro encantoume, é o segundo xa que leo deste autor, e os dous de medo. A verdade é que non teño nada que decir, é xenial, houbo momentos, sobre todo no relato de Laura que eran bastante aterradores. Un dos libros que te engancha e non podes para de ler é este: Aire Negro. A única pega que lle poño e que nalgúns momentos era moi predecible, pero nada máis, he de recoñecer que pasei máis medo coa "Neve Inteminable", pero que me gustou máis este, pola forma de estar escrito dende a perspectiva de Laura, por como expresaba as cousas, pola trama... Recoméndoo moio e a miña puntiación é:






A Sombra Cazadora

AUTOR

Suso de Toro naceu en Santiago de Composteoa no ano 1956. É licenciado en Arte Moderan e Contemporánea. Escribius libros de narrativa como Caixón desastre (premio Galicia, 1983), Polaroid (Premio Crítica de Galicia, 1986). Escribiu tamén libros de xornalismo e ensaio, artigos de prensa e guións de radio e televisión.






OBRA

  • Xénero: Narrativa

  • Temas: É un libro de ciencia ficción que trata temas como a insolidariedade, o poder que ten a televisión sobre nos...

  • Estructura: Catro partes divididas en capítulos.

  • Persoaxes: Protagonistas: Neste libro hay dous protagonistas máis destacados que á súa vez son os narradores da historia. Son dous irmáns, Clara e Teseo (nome que descubrimos coa historia xa bastante avanzada). Clara é moi responsable, unha chica forte que coida moi ben do seu irmán e Teseo é un neno tartamudo que apenas fala tras a morte da súa nai. o antagoista, se así o podemos considerar é a imaxe do pai que os persegue. Unha imaxe que transmite medo, unha imaxe controladora.

  • Resumo: Clara e o seu irmán viven co seu pai nunha casa moi afastada da cidade. Nunca saíron da súa aldea, xa que o seu pai non os deixaba. Este andaba continuamenta cunhas gafas de sol que máis tarde para ir á cidade os seus fillos debían poñer. A nai dos rapaces morrera e estaba enterrada no xardín da súa casa, Teseo sempre ía falar con ela. Ningún dos dous irmáns ten acceso ao faiado, onde se oen uns ruidos moi peculiares que ás veces non deixan durmir ós rapaces do medo. Cando Clara cumple 18 anos o pai cóntalle o do desván e a súa idea de tentar que a súa imaxe aparecese en varias canles de televisión á vez. Clara e Teseo deben fuxir xa que o pai morre e "a imaxe" quere apoderarse deles manipulando ós homes, pero antes o seu pai dálle unhas instrucción que os rapaces deben seguir deben ir á casa do seu padriño. Durante a súa fuxida viven experiencias únicas e aterradoras, como a de virlle a regla a Clara. Ao final de todo descúbrese o nome de Teseo, que está oculto en todo momento e os dous irmán conseguen liberarse da imaxe que tanto os perseguera para sempre.



OPINIÓN PERSOAL

A verdade e que non sei por onde comenzar, é un libro que a min me resultou moi moi complicado, tanto de entender como de ler, pero á súa vez, é un libro xenial. Este libro comenceino a ler cando tiña 12 anos, daquela non entendía nada de nada e fíxoseme demasido pesado, tiña que leélo unha vez e outra, para poder comprendelo, pero ao fin deime por vencida e deixeino aparcado na miña habitacíon e foi o mellor que puiden facer porque tres anos despois retomeino (dende o principio, claro) e tras voltas e voltas, capítulos e capítulos fun pillando o sentido da historia e a gran metáfora que esta oculta. Sempre me gustou a forma que ten este autor de escribir, pois non é o primer libro que leo des, pero sen dúbida algunha este libro acaboume de namorar, cada capítulos contaba as cousas perfectamente, facíao moi realista a pesares de ser un libro de ciencia ficción e había metáforas xeniales. Encantáronme as frases que comenzaban cada unha das catro partes nas que se dividía o libro. Sen dúbida algunha recomendoo, pero para persoas a partir dos 14 anos, a pesares de non gustárenme os libros de ciencia ficción este encantoume e a miña puntuación é, nada máis e nada menos que:





martes, 24 de mayo de 2016

Enderezo Descoñecido

AUTORA


  


Kathrine Kressman (1903-1996), escritora norteamericana, profesora e xornalista, naceu en Portland (Oregón). Traballou como correctora e redactora para a revista literaria Story. En 1928 casou con Elliott Taylor, de quen o primeiro editor de enderezo descoñecidaço tomaría o apelido para formar o pseudónimo de Kressmann Taylor, considerando que unha novela tan dura non debería ser asinada por unha muller. Kathrine mantivo a pseudónimo durante toda a súa vida. É autora, ademais, de varias narracións curtas e dúas novelas: Until That Day e Diary of Florence in Flood, baseada na terrible indundación de Florencia en 1966.


OBRA

-Xénero: Narrativo

-Temas: Principal: Nacismo; secundario: Amizade.

-Estructura: Conxunto de Cartas.


-Persoaxes: Hai dous persoaxes principais: Herr Martin Schulse e Max Einsenstein. Son dous íntimos amigos alemáns; Martin é xudeo e vive nos estados unidos, Max vive en Alemania; levan en connxunto unha galería de arte. 


-Lugar onde transcurre a acción: A acción transcurre dende dous lugares distintos xa que as cartas son enviadas dende diferentes lugares. Un dos destinos é Alemaña, onde vive Max; e outro Estados Unidos, onde se atopa Martin.



-Resumo: Este libro é un intercambio de cartas entre dous amigos alemáns que levan en conxunto unha galería de arte nos Estados Unidos, onde vive un deles, Martin, un xudeo. O outro amigo é Max, que voltou a Alemaña. Martin coménzalle escribindo unha carta ao seu compañeiro o 12 de novembro de 1932. As primeiras cartas son normais, típicas cartas entre dous amigos separados pola distancia, falan de como están, da súa familia, da súa casa... Pero a cousa cambia cando Martin lle pregunta acerca dos rumores que se oen  sobre Alemaña, os xudeos e sobre o pogrom. Max vólvese moito máis frío e móstralle a o seu amigo de que parte está. O seu contacto vaise perdendo, a Max non lle está permitido comunicarse cun xudeo pero aínda así Martin insite e pásanse cartas ás escondidas e aínda que Max opta por deixar de lado a súa amizade, por un motivo ou por outro síguense escribindo, ata que un día... deixan de chegar máis cartas, a última delas un 3 de marzo de 1934.





OPINIÓN PERSOAL

A miña opinión sobre este libro é moi contradictoria. Gústame o tema, as persoaxes, como está escrito, a súa trama... Pero detesto o seu final. Non me gusta que me deixe con tanta intriga, supónse o que pasou despois da derradeira carta, pero gustaríame ter un final escrito. Para o meu criterio foi un final moi pouco esperado, demasiado repentino, o libro rematou, así, sen máis, sen ningunha explicación nin indicación, nada máis, unha carta, un debuxo e tres follas en branco. Deixando de lado esto, é un libro moi intenso e á vez moi curto, un libro moi conmovedor que reflexa ao pé da letra a situación daqueles tempos. Sen dúbida é xenial e recoméndoo moitísimo, ademáis é un libro moi curto e fácil de ler. A miña puntuación é: 



As Humanas Proporcións


AUTOR

Xesús Constela naceu en Ferrol o 2 de xaneiro de 1963. É un escritor galego e profesor. Tiven a sorte de coñecer a esta fantástica persoa que nos concedeu (ao club de lectura do CPI Progreso) unha charla e nos mostrou un pouquiño de si mesmo. No teño palabras, ademáis de ser un excritor xenial é unha persoa moi honesta.







OBRA


É un libro que consta de 12 relatos curtos independetes entre sí, e decir, carecen de relación. Cada un ten uns persoaxes diferentes. Trata temas como o amor, as diferencias sociais, os pensamentos, a xeografía... Os títulos dos relatos son:


  • As lembranzas todas: Fala dos pensamentos dunha muller que non atura ao seu marido e desexa velo morto e por ista razón o mata.

  • Non escoites a Giovanna: Trata dun neno que cree ter un virus no ordenador que o asusta un pouco pola frase que este lle envían nada máis encendelo: Non escoites a Giovanna. O neno decide facerlle frente e ponse a investigar. Ao final él resulta formar parte do cador de Van Eyck.

  • Celia e o príncipe: Unha nai sempre lle conta á súa filla un conto polas noites. Sempre o mesmo. Ao final a nai resulta ter un gran soño con ese conto.

  • Onde estás, meu amor, Sangare? Fala da inmigración e da separación de dous amores.

  • Lily: Uns amigos están nunha refinada cea e de repente, unha das integrantes morre. Non parece importarlle a ninguén, e sen lástima ningunha, mandan retirar o cadáver.

  • Algarismos: Fala do tempo. De todo o tempo que se tarda ne facer algo.

  • Burbulla: É o relato máis curto.

  • Geographos: Un home non se atopa ben e a súa muller tómao por tolo. Un día, farto do seu malestar emprende unha viaxe para ir ver unha vella médica. O home resulta ter un don único, o da xeografía, no seu interior.

  • A sementadora de estrelas: Unha muller garda unha moeda, unha moeda que non quere preder nunca.

  • Son unha raia: Como o seu nome di fala das raias, e de todo o que estas compoñen.

  • Tiñadelo que ver: Relata uns feitos que ocorren nun centro comercial.

  • A fraga: Fala do fin do mundo.

OPINIÓN PERSOAL


Este libro encantoume. É un conxunto de relatos xeniais aínda que algúns non os rematei de entender como por exemplo: Burbulla. Otros como "Non escotes a Giovanna" e "Geographos", encantáronme e tamén os houbo que carecían de trama, algo que non me gusta, como: "Tíñadelo que ver" ou "Algarismos". En conxunto é un bó libro. Leíno moi rápido, non polas presas, se non porque é un libro moi pero que moi sinxelo de ler, é moi pequeño e edemási moi entretido. A mña valoración: 




domingo, 13 de marzo de 2016

Os Vellos non deben de Namorarse

Autor

 

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo, Galicia; e morreu o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires, Arxentina. Foi político, médico, pintor, escritor e dibuxante español, considerado un dos pais do nacionalismo galego. Foi depurado de España. E creou  moitas obras.

 

Obra

 


  • Xénero: Teatro

  • Resumo: Este libro está dividido en tres lances, pero nos tres sucede a mesma historia. Un vello está namorado dunha moza, pero esta xa ten mozo, aínda que por interés séguelle o xogo ao vello e liga con él, xa sexa porque quere aljgo que só el lle pode proporcionar, porque quere a súa herencia, ou por presión da familia. A morte advírtelle ao vello para que non case coa moza mediante varios avisos, pero o namorado, desafía á morte e casa coa moza (ou ben segue o galanteo con ela) e iso conduce ao vello á morte, facendo así que a rapaza conseguise o que quería. No primeiro lance cóntase a historia dinha moza que quere conseguir un xarope dun vello boticario. No segundo lance é o vello o que acude a xunto a moza, que xa ten noivo; E no tercero lance a moza cásase co vello por presión familiar para obtén os seus bens.

  • Temas: O amor, a familia, o interese...

  • Estructura : Dividido en tres lances. É contínuo.

  • Persoaxes: Lance Primeiro: Saturio (representa ó vello, é boticario), Lela (moza da que o vello está namorado), O Carabaneiro (noivo de Lela), as catro Irmás (Irmás do boticario, eran monxas), del mulleres (representan á xente), Medicante (emisario da morte), A Morte.
Lance Segundo: Don Ramonciño (representando ó vello), Micaela (moza da que o vello está namorado), o Portugués (mozo de Micaela), o pai e a nai (pais de Don Ramonciño), Dez mulleres (representando á xente), a porca e o de o (emisarios da morte) e un sapo (a Morte).

Lance Terceiro: Señor Fuco (representando ó vello), Pimpinela (moza da que o vello está namorado), O mozo (mozo de Pimpinela), O pai e a nai ( pais de Pimpinela), Dez mulleres (representando á xente), unha pantasma, un corvo e unha man de defuntos (emisarios da morte) e a Morte disfrazada.


  • Lugar de transcurre a acción: Indefinido


 

Opinión Persoal

 

      En xeral o libro gustoume moito, aínda que no segundo lance non me quedaron moi claros os persoaxes, lieime un pouco pola forma de chamalos. Xa teño lido máis libros de teatro e non foi o que máis me gustou, pero sen dúbida algunha é un libro fantástico. É moi fácil de ler, e sobre todo enténdese moi ben. É un libro muy curto pero moi entretido, unha comedia con doble sentido amorosa e que fai reír. O lance que máis me gustou foi o  primeiro. Quedoume unha dúbida respeto aos persoaxes, que é: Por qué levan careta? Non entendo porque o autor decidiuni así xa que desde o meu punto de vista non ten sentido. A miña puntuación numérica é un oito.