sábado, 21 de noviembre de 2015

Reo



AUTOR




Xesús Fraga (Xesús Antón Fraga Sánchez) (Londres, 1971), licenciado en Xornalismo, iniciou estudios de Filoloxía Inglesa en Salamanca. Nacido no barrio de South Kensington, onde pasou a súa primeira infancia, a súa familia trasladouse ao barrio coruñés de Monte Alto e, posteriormente, a Betanzos, de onde é orixinaria. Actualmente traballa como redactor na sección de Cultura do periódico “La Voz de Galicia”. Como narrador publicou os libros de relatos “Tute para catro” (Xerais 2000) e “A-Z” (Xerais 2003), ademais da novela “Solimán” (Xerais 2004), pola que obtivo o premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2003.






OBRA


  • Xénero: Narrativo, novela.

  • Resumo: Reo é un libro que relata a vida dun rapaz Graffiteiro que se adica aos tags. Este libro cóntanos como é o día a día dun mozo que apenas ten relación coa súa familia e conta con poucos amigos. Entre eles os que forman a A-100 Crew, unha vella discoteca que agora se converteu no seu lugar de encontro e na casa dun destes integrantes, Chagui. Nunha continúa loita para ser o Rei da cidade contra un graffiteiro chamado Oni, pillan a Reo nunha escapada para taguear a súa firma. Ao final resulta non ser nada, xa que o policía deixao marchar coa condición de que deixe o mundo do Graffiti, así o fai grazas á axuda do seu profesor Ignacio. Reo námorase dunha rapaza do seu colexio chamada Cora coa que máis adiante planea unha fuxida á capital para que Cora non teña que ir vivir co seu pai a Brasil. Esta fuxida non sae como eles teñen planeado e, xa cando parecía que nada iba ir mal, atopan a estes rapaces e lévanos de volta á súa casa. Con esta xa será a segunda e derradeira vez que Reo pase pola comisaría. A vida de Reo non é do todo fácil, pois en poucos días pasan demasiadas cousas, a todo isto súmaselle a morte dun dos seus mellores amigos, Chagui. E así como Reo nos mostra a súa vida dende un punto de vista diferente.

  • Temas: Graffiti, o inicio ao amor...

  • Estructura externa: Capítulos (13). É un libro contínuo, non presenta saltos.

  • Persoaxes: O protagonista, Reo: E un rapaz de casi 18 anos.  Este é o seu alcume, en realidade non se chega a saber cal é o seu nome de verdade. Este é o mote que utiliza nos seus tags, nos seus graffitis. Reo é un rapaz pouco social, non ten moi boa relación cos seus pais. Encántalle debuxar e ten moitas cualidades para isto. Adícase a facer graffitis. Ten un grupo chamado A-100 Crew, un grupo de amigos reúnense nunha vella discoteca á que lle asignaron este nome. Reo é un rapaz solitario, de ideas fixas e cunhas metas moi marcadas que se namora dunha rapaza; Cora: Rapaza da que se namora Reo; Chagui, Rai e Sen: Xemelgos rapeiros que forman "DobreDose", compoñentes da A-100 Crew e amigos de Reo; Marcos: Thun como alcume, ex-graffiteiro e mestre de Reo. Thun ensinoulle a Reo todo o que precisaba saber sobre o Graffiti. Thun pintaba trens; Ignacio: Profesor de Reo; Nico: Amigo de Ignacio, axúdalle a Reo cos seus traballos sociais.

  • Lugar onde transcorre a acción: Galicia e Madrid.

  • Tempo: Días.

  • Técnicas narrativas: Narrador en primeira persoa, Reo. Descripcións. Algunha que outra expresión. Metáforas...

  • Vocabulario: Coloquial. Xerga dos Graffiteiros.


OPINIÓN PERSOAL


Este libro non está mal. Tampouco é dos que máis me gustaron. Na miña opinión é unha historia que no fondo conta moi pouca cousa, que non ten trama, pero non sei porque motivo, é un libro que gusta ler, que non se fai nada pesado e que  te integra nel perfectamente, creo que é polo motivo de ter as descricións moi ben feitas.

 Reo axudoume a comprender o arte do Graffiti. Antes non me gustaba, pensaba que só era unha forma de ensuciar os muros das estradas, e, aínda que seguen sen gustarme os tags entondo porque os fan. As pezas gústanme, eso si que me parece unha forma de decoración e as hai realmente bonitas.

Gustoume moito a forma na que se namoran Cora e Reo, sin decirse nada, sebenno todo. Pareceme realmente bonito todo o que fai Reo por Cora. 

En difinitiva, recomendo este libro a todas aquelas persoas ás que lles custe imaxinar as cousas, xa que aquí están perfectamente decritas. Recomendoo sobre todo a adolescentes aos que lle guste este arte.







PUNTUACIÓN














No hay comentarios:

Publicar un comentario