martes, 31 de mayo de 2016

A Sombra Cazadora

AUTOR

Suso de Toro naceu en Santiago de Composteoa no ano 1956. É licenciado en Arte Moderan e Contemporánea. Escribius libros de narrativa como Caixón desastre (premio Galicia, 1983), Polaroid (Premio Crítica de Galicia, 1986). Escribiu tamén libros de xornalismo e ensaio, artigos de prensa e guións de radio e televisión.






OBRA

  • Xénero: Narrativa

  • Temas: É un libro de ciencia ficción que trata temas como a insolidariedade, o poder que ten a televisión sobre nos...

  • Estructura: Catro partes divididas en capítulos.

  • Persoaxes: Protagonistas: Neste libro hay dous protagonistas máis destacados que á súa vez son os narradores da historia. Son dous irmáns, Clara e Teseo (nome que descubrimos coa historia xa bastante avanzada). Clara é moi responsable, unha chica forte que coida moi ben do seu irmán e Teseo é un neno tartamudo que apenas fala tras a morte da súa nai. o antagoista, se así o podemos considerar é a imaxe do pai que os persegue. Unha imaxe que transmite medo, unha imaxe controladora.

  • Resumo: Clara e o seu irmán viven co seu pai nunha casa moi afastada da cidade. Nunca saíron da súa aldea, xa que o seu pai non os deixaba. Este andaba continuamenta cunhas gafas de sol que máis tarde para ir á cidade os seus fillos debían poñer. A nai dos rapaces morrera e estaba enterrada no xardín da súa casa, Teseo sempre ía falar con ela. Ningún dos dous irmáns ten acceso ao faiado, onde se oen uns ruidos moi peculiares que ás veces non deixan durmir ós rapaces do medo. Cando Clara cumple 18 anos o pai cóntalle o do desván e a súa idea de tentar que a súa imaxe aparecese en varias canles de televisión á vez. Clara e Teseo deben fuxir xa que o pai morre e "a imaxe" quere apoderarse deles manipulando ós homes, pero antes o seu pai dálle unhas instrucción que os rapaces deben seguir deben ir á casa do seu padriño. Durante a súa fuxida viven experiencias únicas e aterradoras, como a de virlle a regla a Clara. Ao final de todo descúbrese o nome de Teseo, que está oculto en todo momento e os dous irmán conseguen liberarse da imaxe que tanto os perseguera para sempre.



OPINIÓN PERSOAL

A verdade e que non sei por onde comenzar, é un libro que a min me resultou moi moi complicado, tanto de entender como de ler, pero á súa vez, é un libro xenial. Este libro comenceino a ler cando tiña 12 anos, daquela non entendía nada de nada e fíxoseme demasido pesado, tiña que leélo unha vez e outra, para poder comprendelo, pero ao fin deime por vencida e deixeino aparcado na miña habitacíon e foi o mellor que puiden facer porque tres anos despois retomeino (dende o principio, claro) e tras voltas e voltas, capítulos e capítulos fun pillando o sentido da historia e a gran metáfora que esta oculta. Sempre me gustou a forma que ten este autor de escribir, pois non é o primer libro que leo des, pero sen dúbida algunha este libro acaboume de namorar, cada capítulos contaba as cousas perfectamente, facíao moi realista a pesares de ser un libro de ciencia ficción e había metáforas xeniales. Encantáronme as frases que comenzaban cada unha das catro partes nas que se dividía o libro. Sen dúbida algunha recomendoo, pero para persoas a partir dos 14 anos, a pesares de non gustárenme os libros de ciencia ficción este encantoume e a miña puntuación é, nada máis e nada menos que:





No hay comentarios:

Publicar un comentario