martes, 24 de mayo de 2016

Enderezo Descoñecido

AUTORA


  


Kathrine Kressman (1903-1996), escritora norteamericana, profesora e xornalista, naceu en Portland (Oregón). Traballou como correctora e redactora para a revista literaria Story. En 1928 casou con Elliott Taylor, de quen o primeiro editor de enderezo descoñecidaço tomaría o apelido para formar o pseudónimo de Kressmann Taylor, considerando que unha novela tan dura non debería ser asinada por unha muller. Kathrine mantivo a pseudónimo durante toda a súa vida. É autora, ademais, de varias narracións curtas e dúas novelas: Until That Day e Diary of Florence in Flood, baseada na terrible indundación de Florencia en 1966.


OBRA

-Xénero: Narrativo

-Temas: Principal: Nacismo; secundario: Amizade.

-Estructura: Conxunto de Cartas.


-Persoaxes: Hai dous persoaxes principais: Herr Martin Schulse e Max Einsenstein. Son dous íntimos amigos alemáns; Martin é xudeo e vive nos estados unidos, Max vive en Alemania; levan en connxunto unha galería de arte. 


-Lugar onde transcurre a acción: A acción transcurre dende dous lugares distintos xa que as cartas son enviadas dende diferentes lugares. Un dos destinos é Alemaña, onde vive Max; e outro Estados Unidos, onde se atopa Martin.



-Resumo: Este libro é un intercambio de cartas entre dous amigos alemáns que levan en conxunto unha galería de arte nos Estados Unidos, onde vive un deles, Martin, un xudeo. O outro amigo é Max, que voltou a Alemaña. Martin coménzalle escribindo unha carta ao seu compañeiro o 12 de novembro de 1932. As primeiras cartas son normais, típicas cartas entre dous amigos separados pola distancia, falan de como están, da súa familia, da súa casa... Pero a cousa cambia cando Martin lle pregunta acerca dos rumores que se oen  sobre Alemaña, os xudeos e sobre o pogrom. Max vólvese moito máis frío e móstralle a o seu amigo de que parte está. O seu contacto vaise perdendo, a Max non lle está permitido comunicarse cun xudeo pero aínda así Martin insite e pásanse cartas ás escondidas e aínda que Max opta por deixar de lado a súa amizade, por un motivo ou por outro síguense escribindo, ata que un día... deixan de chegar máis cartas, a última delas un 3 de marzo de 1934.





OPINIÓN PERSOAL

A miña opinión sobre este libro é moi contradictoria. Gústame o tema, as persoaxes, como está escrito, a súa trama... Pero detesto o seu final. Non me gusta que me deixe con tanta intriga, supónse o que pasou despois da derradeira carta, pero gustaríame ter un final escrito. Para o meu criterio foi un final moi pouco esperado, demasiado repentino, o libro rematou, así, sen máis, sen ningunha explicación nin indicación, nada máis, unha carta, un debuxo e tres follas en branco. Deixando de lado esto, é un libro moi intenso e á vez moi curto, un libro moi conmovedor que reflexa ao pé da letra a situación daqueles tempos. Sen dúbida é xenial e recoméndoo moitísimo, ademáis é un libro moi curto e fácil de ler. A miña puntuación é: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario